lunes, 29 de enero de 2018

Día da Paz

Hoxe o encargado de comezar a actividade foi o noso colaborador Alberto. Contou un libro de Anxo Moure: A xacia Luviñas.
Esta foi a historia do barqueiro e mais da xacia que a natureza sempre quixeron respectar e a paz conseguiron atopar.
   


Logo escribimos palabras relacionadas coa paz dentro dunhas flores que coloreamos, recortamos e pegamos nunha árbore especial: A árbore que "plantamos" o día 25 de novembro.



 
 

Mañá, 30 de xaneiro, virá o autor deste libro a facer una actividade con todos os alumnos do centro. Para iso temos que ter recortes de malas novas do xornal.

lunes, 22 de enero de 2018

Comezo das mochilas viaxeiras

Hoxe comezaba a andaina da mochila viaxeira en 1º de primaria. E como a nosa mascota, Léctor, xa está connosco foi o encargado de levarlla. Explicouse o contido e funcionamento aos alumnos (os cales xa levaron a semana pasada unha nota para casa) e se fixo entrega ao primeiro rapaz en usala.

Léctor chega á biblioteca

Hoxe chegou un momento que moitos desexábamos: Léctor apareceu!!!
Pero é moi tímido e nos escribiu unha carta que foi lida na hora do recreo.
Despois nos puxeron unhas imaxes de Léctor facendo o camiño de Santiago. Partía dende A Coruña.
 
A continuación nos propuxo un xogo para atopalo a través de diversas pistas por toda a biblioteca. Estaba escondido no andel de poesía!
Abrazámolo e sacamos unha foto. Que contento se puxo!

sábado, 20 de enero de 2018

Empezan as mochilas viaxeiras

O luns 22 de xaneiro comeza a andaina das mochilas viaxeiras en 1° de primaria.
Consiste nunha selección de materiais da biblioteca para que os alumno/as que estén interesados leven durante unha semana e compartir coa súa familia a experiencia.
Todo listo!

lunes, 15 de enero de 2018

La niña que hablaba con los árboles

Hoxe a actividade estaba relacionada co proxecto píntega. Escoitamos un conto, fixemos unha sopa de letras buscando nomes de árbores, pintamos unha árbore e escribimos as cousas que se nos ocurrían dicirlle.