lunes, 10 de diciembre de 2018

Relatos e debuxos gañadores

Estes son os relatos e debuxos gañadores do concurso realizado no Samaín.

Que medo!

 
terror

viernes, 30 de noviembre de 2018

Acaba novembro con ciencia en galego

E chegou o día: hoxe foi o día de mostrar os experimentos que cada un preparou.
Houbo unha gran cantidade de público. Foi todo un éxito.

jueves, 15 de noviembre de 2018

Experimentos na biblioteca

Co motivo de que en novembro se festexa o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, ademais dunha exposición de libros de ciencia en galego, teremos unha sesión de experimentos científicos. Temos un cartel expectacular:
Son todas e todos uns grans científicos galegos os que temos no noso colexio. Ademais dos do cartel, sumouse Pedro cun proxecto da electricidade producida pola auga. 


jueves, 8 de noviembre de 2018

Gañadores do concurso de relatos e debuxos de medo

Xa se concederon os agasallos ás gañadoras e gañadores do concurso convocado co gallo do Samaín. Podemos ver as fotos desa entrega. Parabéns a todos, incluídos os participantes sen premio.










sábado, 3 de noviembre de 2018

Actividade no Samaín

O venres pasado, xuntando o día da biblioteca (24 de outubro) coa celebración do Samaín, fixemos unha representación na biblioteca dun libro titulado:


Foi todo un éxito, pero daba algo de medo, así que ao final algúns quixeron probar a carouta de esqueleto.





martes, 23 de octubre de 2018

Mochilas viaxeiras...empezan a rodar!

Por fin abriuse a biblioteca. Como novidades deste ano temos unha zona de xogos na entrada e a extensión das mochilas viaxeiras para toda a primaria. Xa comezaron as súas andainas!

miércoles, 16 de mayo de 2018

Día das letras galegas

Mañán celébrase o día das letras galegas. Por tal motivo, en colaboración co equipo de Normalización Lingüística do centro, fixemos hoxe un maratón de lectura. Fixéronse lecruras de obras da autora homenaxeada este ano e tamén de libros sobre a súa biografía.
Os lectores foron familias e profesores do centro.
Tamén estivo, xa dende comezos de mes, unha exposición do libros e a vida de María Victoria Moreno
                 



lunes, 23 de abril de 2018

Concurso polo día do Libro

Hoxe para conmemorar o día do libro celebrouse no recreo un concurso por grupos.
Había uns libros no centro(sacados da biblioteca) e eles tiñan que adiviñar o título do libro a través de pistas. O grupo que obtivese ao final maior puntuación gañaba.
Houbo un empate a dez puntos entre dous grupos e fíxose un desempate. Neste caso tiñan que atopar en menos de trinta segundos un libro nos andeis de Narrativa onde no título tivese o nome dun animal. Desfíxose o empate. O grupo 4 foi o vencedor. As integrantes foron 4 nenas de 1º de Primaria que se levaron un caderniño e un bolígrafo para comezar elas a escribir un libro.



lunes, 16 de abril de 2018

Obradoiro de marcapáxinas

A actividade de hoxe estivo dinamizada por unhas colaboradoras da biblioteca: Claudia, Irene, Carla e Erika.
Tratábase da elaboración de marcapáxinas. Quedaron moi ben!

miércoles, 21 de marzo de 2018

Downtown (Cómic)

Hoxe, como non, recomendamos un libro-cómic que temos a disposición na biblioteca:







AUTORES: Noël Lang e Rodrigo García

RESUMO: 












Día da poesía

Hoxe, 21 de marzo, celébrase o día da poesía, polo que a nosa biblioteca estivo facendo actividades relacionadas. Comezamos a semana pasada cos caligramas de Apollinaire e rematamos nesta con lectura, escritura e ilustración de pequenas poesías, iso sí, relacionadas con animais.

Un século cos caligramas de Apollinaire



Na biblioteca fixemos uns caligramas moi bonitos. Temos unhas verdadeiras e verdadeiros artistas entre nós!






miércoles, 14 de marzo de 2018

Día da muller

Co motivo do día internacional da muller (8 de marzo) se fixeron varias actividades.
A primeira foi suxerir diferentes libros no noso espazo para recomendacións.



O luns 12 de marzo fíxose un contacontos cun teatro de luces, a cargo dunha profesora: ROSA E AZUL.






E  a aula de 2º indagou sobre algunhas mulleres importantes na historia, e incluso se retrataron coma elas.









Todo isto aderezado por suposto, coa reflexión pertinente.
Asimesmo se recomendou o visionado de Brave (indomable), película a disposición na biblioteca.

lunes, 26 de febrero de 2018

Día de Rosalía

O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro (coincidente coa data do seu nacemento). No noso cole o alumnado de 5º e 6º de primaria percorreron algúns lugares representativos desta autora en Santiago de Compostela, onde leron algúns dos seus poemas e sacaron fotografías.
Se fixo un vídeo:
A nosa entrada ao colexio estivo adornada para tal motivo e o venres sentámonos todas diante:
Máis imaxes:aquí

Ademais hoxe, na biblioteca, homenaxeámola dándolle cor:

lunes, 19 de febrero de 2018

Actividade de Anxo Moure

O día da paz (30 de xaneiro) veu facernos unha visita Anxo Moure. Con el fixemos contos reciclados.
Previamente escollimos nas aulas novas de xornal que foran malas (guerras, contaminación, inxustizas...) e alí as cortamos e transformamos nun corazón e en papel reciclado con auga e un batedor.




Hoxe, xa seco o papel, démoslle cor. Foi un traballo de colaboración moi bonito.

lunes, 5 de febrero de 2018

O entroido na biblioteca

Hoxe, para comezar coa festa do entroido fixemos unhas caroutas. Quedaron moi ben!