lunes, 18 de diciembre de 2017

Preparándonos para o Nadal

O Nadal aproxímase.E polo tanto a actividade deste luns estivo adicada a facer adornos navideños para a árbore. Eso sí, con material de reciclaxe, seguindo o proxecto píntega.
Ademais temos o noso pequeno recuncho de libros relacionados con estas datas.



lunes, 4 de diciembre de 2017

Día Internacional das persoas con discapacidade

Co motivo da conmemoración do día internacional das persoas con discapacidade, observamos e escoitamos un conto, contado verbalmente e con linguaxe de signos:
Ademais repartimos o alfabeto dactilolóxico, co que os visitantes á biblioteca estiveron intentando facer o seu nome, e logo un xogo, onde tiñamos que adiviñar a palabra que estaban a dicir.








lunes, 27 de noviembre de 2017

A biblioteca se planta contra a violencia de xénero

Co motivo da conmemoración do Día Contra a Violencia de Xénero do pasado sábado, a biblioteca fixo este luns unha actividade relacionada co tema.
Neste caso o noso lema, xuntándonos tamén co proxecto píntega, foi:
PLANTÉMONOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Cada persoa que se pasou pola biblioteca, alumnos e profes, puxo o seu graniño de area para conseguir que a imaxe florecera:





 
 



lunes, 13 de noviembre de 2017

Xogo Proxecto Píntega

Hoxe no recreo empezamos un xogo enmarcado dentro das actividades do Proxecto Píntega.
Combina xogos de memoria, de preguntas e respostas (relacionadas co medioambiente) e os típicos xogos de taboleiro como a oca. Eso sí, xógase en equipo.
Como non rematamos a partida, o próximo luns continuaremos.


jueves, 9 de noviembre de 2017

Gañadores concurso relatos e debuxos de medo 2017

Se clicades na imaxe podedes acceder aos gañadores dos concursos convocados este ano polo Samaín.

lunes, 6 de noviembre de 2017

Novembro: ciencia en galego nas bibliotecas

Hoxe, xa metidos en novembro, fixemos uns experimentos científicos na biblioteca.


 Fixemos un experimento onde un papel non se mollaba na auga

 Fixemos outro onde rompíamos a tensión superficial do leite





Tamén inflamos un globo coa reacción do vinagre e bicarbonato


E comprobamos que a auga e o aceite non se mesturan, pola diferente densidade


lunes, 30 de octubre de 2017

viernes, 27 de octubre de 2017

Preparámonos para Samaín

A biblioteca está lista para festexar o Samaín



Léctor nos invita a pasar o luns con el.....que nos terá preparado?
Para ir collendo ambiente podemos cantar esta canción proposta pola Editorial Kalandraka:


Formación de Usuarios 3º






Os últimos en acadar as súas pegatinas para as axendas foron os alumnos de terceiro. Con eles acabamos as sesións de formación deste ano. Esperamos que foran proveitosas.

               


Formación de Usuarios 6º

Os alumnos e alumnas de sexto estiveron afianzando o seu coñecemento da  biblioteca e das etiquetas dos libros.



martes, 24 de octubre de 2017

Formación de usuarios 5º

O alumnado de 5º estivo os seus dous días na biblioteca para continuar a súa formación de usuarios iniciada o curso pasado.



lunes, 23 de octubre de 2017

II Concurso de Debuxos de medo

Xa elexidos os relatos gañadores do concurso de Relatos de medo, pásanse as bases as titorías para que os ilustren.

Día da biblioteca

Hoxe conmemoramos o día da biblioteca no cole.

No recreo aprendimos por que se celebra o 24 de outubro (na guerra de Sarajevo destruíron unha biblioteca ese día) e tamén comprendimos que non é nada doado ser bibliotecarios!
Xogamos a un xogo que activaba a nosa memoria.




Podemos volver xogar se clicamos na imaxe:
http://www.juegomaniac.com/jugar.php?id=681&alto=670&ancho=800


sábado, 21 de octubre de 2017

Formación de usuarios 4º

As nenas e nenos de 4º de Primaria fixeron a formación de usuarios. Agora saben ubicar os diferentes tipos de libros da nosa biblioteca e onde atopar determinada información.