lunes, 21 de diciembre de 2020

UN NADAL ENTRE LIBROS, UN NADAL MELLOR.

Como cada fin de trimestre, deixámosvos unhas recomandacións lectoras para que estas vacacións tan merecidas sexan máis divertidas.

Esperemos que vos gusten. Bo Nadal e Feliz 2021!💗

Podedes ver o boletín premendo neste enlace 👇

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcaminhoingles/



domingo, 15 de noviembre de 2020

25-N, MOITO QUE DICIR.

 Boas, lectoras e lectores!

Despois de varios meses de ausencia causada pola pandemia, a biblioteca volve ás andadas. Este curso percorreremos un camiño polo futuro, xa que o proxecto do centro titúlase "2050" e ten por obxectivo pensar que mundo queremos para ese ano e que podemos facer para mellorar o que temos agora.

Como sabedes, o 25 de Novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Por desgraza, hai moitas formas de violencia que a diario sofren mulleres de todo o mundo: física, psicolóxica, económica, sexual... e un dos obxectivos que deberiamos marcarnos para o futuro máis próximo é acabar con elas. E iso, lectoras e lectores, está nas vosas mans, rexeitando todo tipo de actitudes sexistas. 

Por iso, desde a biblio, propoñémosvos ao alumnado e ás familias que expresedes como queirades a vosa repulsa hacia a violencia contra a muller para facer un mural colaborativo a través deste padlet. Podedes facer un debuxo, ou escribir un lema, fotografialos e subilos, cargar un arquivo desde o voso ordenador ou gravar un audio ou un vídeo cunha mensaxe (dándolle aos tres puntiños apareceranvos moitas opcións). Todo vale porque hai moito que dicir. Así que, buscade, analizade e, sobre todo, pensade e creade.

Aquí tedes o enlace ao padlet cuns recursos que queremos compartir con vós, por se vos serven de inspiración. A data límite para subir as vosas producións é o mércores 25 de novembro. Animádevos e grazas por colaborar!

https://padlet.com/lectoringles/moy4jnp4089j9xlr

miércoles, 11 de marzo de 2020

4ª actividade e pregunta de "Tras as pistas no pasado"

Hoxe realizamos unha actividade relacionada co Día da muller.
A pregunta do concurso é a seguinte:
En que ano conseguiron votar por primeira vez as mulleres en España? 

viernes, 28 de febrero de 2020

Espazo creativo

Esta semana abrimos un novo espacio da biblioteca para usar nos recreos: o espazo creativo.


Nel podemos poñer en xogo a nosa imaxinación e creatividade.
Atopamos un recuncho de lego
Outro recuncho de construcións
Un terceiro de xogos mesa e lóxica
E un último de expresión 

Agardamos que teña moito uso! 








miércoles, 19 de febrero de 2020

Contacontos das tres galiñas

Hoxe visitounos Sabela, unha contacontos que enganchou ao alumnado de terceiro de primaria e os involucrou na historia.






3ª actividade e pregunta de "Tras as pistas no pasado"

Hoxe, na actividade do recreo, falamos dos cómics que coñecemos e de que algúns personaxes están creados dende fai moitos anos. É o caso de Mortadelo e Filemón.
Aproveitamos para ver algúns libros que temos na biblioteca destes personaxes e visionamos un capítulo en dvd.





PREGUNTA:
En que ano apareceron por primeira vez os personaxes
Mortadelo e Filemón?

miércoles, 29 de enero de 2020

2ª actividade e pregunta "Tras as pistas no pasado"

Na actividade de hoxe falamos do papel das mulleres nos contos clásicos e de como debería cambiar o conto...
Todo isto tratouse a través do libro:

Resultado de imagen de axente riciños


PREGUNTA:
Di o nome dun conto clásico que fose un caso 
para a Axente Riciños, 
aparte de Riciños de ouro (Os tres osos).

miércoles, 15 de enero de 2020

1ª actividade e pregunta de "Tras as pistas no pasado"




Na  actividade de hoxe falamos do Cantar de Reis
e fixemos tambores de man.




PREGUNTA:
Que se pedía de casa en casa no Cantar de Reis?

Tedes ata o mércores 22 para contestar!