miércoles, 4 de diciembre de 2019

Experimentos en galego na biblio

Co motivo do mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares, pediuse ao alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria que mostraran experimentos científicos.
Como houbo tantos (13) tivemos que facelos en dous días.
Os científicos de hoxe fixérono moi ben!


Mochilas viaxeiras

Xa están en funcionamiento as mochilas viaxeiras!!!

jueves, 14 de noviembre de 2019

Mes da ciencia en galego



Novembro...MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS!!! 
Podemos atopar un rinconciño de libros de ciencia en galego.
Ademais podemos participar facenco experimentos na biblioteca, 
explicándoos en galego.





viernes, 7 de junio de 2019

8ª pregunta Tras as pistas por Europa

Hoxe é a última das actividades e a última pregunta do concurso.
A actividade consistiu en coñecer un pouquiño a cultura croata a través dos seus xoguetes tradicionais.
Para iso fixéronse na biblioteca uns chifros de madeira.




A pregunta do concurso é a seguinte:
Cal é a capital de Croacia?

Ata o xoves 13 de xuño pódese contestar.

miércoles, 5 de junio de 2019

Quedada literaria

Como cursos anteriores puxémonos en contacto co CEIPP de Sigüeiro para facer conxunta a quedada literaria. Estaba preparada para todos os niveis do noso colexio, mais o tempo non nos acompañou nas datas fixadas e soamente puideron facela o alumnado de primeiro, segundo e terceiro de primaria.




jueves, 16 de mayo de 2019

Letras galegas


Este ano o homenaxeado nas letras galegas é Antonio Fraguas. O centro ten unha exposición na entrada sobre oficios, traxe galego e vida do autor e investigador galego.
Ademais fíxose un xogo chamado Paso a palabra no que o alumnado tiña que buscar información nos libros e na propia exposición para poder responder logo ás preguntas do rosco.

lunes, 13 de mayo de 2019

Visita de Iago López

O día 8 visitou o noso centro o escritor Iago López. Estivemos con el nunha actividade de animación á lectura do seu libro O cociñeiro Martiño e as cenoiras desaparecidas.

Acudiron á cita o alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria.