lunes, 30 de octubre de 2017

viernes, 27 de octubre de 2017

Preparámonos para Samaín

A biblioteca está lista para festexar o Samaín



Léctor nos invita a pasar o luns con el.....que nos terá preparado?
Para ir collendo ambiente podemos cantar esta canción proposta pola Editorial Kalandraka:


Formación de Usuarios 3º






Os últimos en acadar as súas pegatinas para as axendas foron os alumnos de terceiro. Con eles acabamos as sesións de formación deste ano. Esperamos que foran proveitosas.

               


Formación de Usuarios 6º

Os alumnos e alumnas de sexto estiveron afianzando o seu coñecemento da  biblioteca e das etiquetas dos libros.



martes, 24 de octubre de 2017

Formación de usuarios 5º

O alumnado de 5º estivo os seus dous días na biblioteca para continuar a súa formación de usuarios iniciada o curso pasado.



lunes, 23 de octubre de 2017

II Concurso de Debuxos de medo

Xa elexidos os relatos gañadores do concurso de Relatos de medo, pásanse as bases as titorías para que os ilustren.

Día da biblioteca

Hoxe conmemoramos o día da biblioteca no cole.

No recreo aprendimos por que se celebra o 24 de outubro (na guerra de Sarajevo destruíron unha biblioteca ese día) e tamén comprendimos que non é nada doado ser bibliotecarios!
Xogamos a un xogo que activaba a nosa memoria.




Podemos volver xogar se clicamos na imaxe:
http://www.juegomaniac.com/jugar.php?id=681&alto=670&ancho=800


sábado, 21 de octubre de 2017

Formación de usuarios 4º

As nenas e nenos de 4º de Primaria fixeron a formación de usuarios. Agora saben ubicar os diferentes tipos de libros da nosa biblioteca e onde atopar determinada información.


miércoles, 18 de octubre de 2017

Formación de usuarios 2º

Retomamos a formación, e desta vez tocoulle o turno ao alumnado de segundo de primaria. Tras dous días de visita á biblioteca, fixeron unha ficha onde demostraron que son uns usuarios moi ben formados. Así que levaron todos a súa pegatina para a axenda.


martes, 17 de octubre de 2017

Los Bandídez (amarelo)

Esta semana atopamos no andel de novidades un libro titulado:
 "Los Bandídez".
(Narrativa, punto amarelo)


Autora:
Siri Kolu (Kouvola, Finlandia, 1972).

Resumo:
Vilja vai de vacacións á casa da súa avoa cos seus pais e irmá. De súpeto, unha furgoneta lles corta o paso e a nosa protagonista é secuestrada. Os seus raptores son os Bandídez, unha familia de estrafalarios ladróns de chuches e chocolates, botín que prefiren aos cartos, cos que non saben moi ben que facer. Xunto a eles, pasará o verán máis emocionante da súa vida a bordo da bandidofurgona, durmindo ao aire libre e disfrutando de grandes comilonas de doces. E tamén descubrirá outro tipo de familia e outra forma de vivir, nada convencional, pero chea de risas e moito amor.

Non esperes máis. Embárcate cos Bandídez!

viernes, 6 de octubre de 2017

III Concurso de Relatos de Medo

Por terceiro ano consecutivo convócase o concurso de relatos de medo, onde o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria demostrarán as súas cualidades como escritores.
Este ano ten que ter unha temática relacionado co coidado medioambiental, xa que é o proxecto que encadra as actividades para este curso.


lunes, 2 de octubre de 2017

Formación de Usuarios 1º

O alumnado de primeiro acudiu á biblioteca durante dous días para recibir a formación de usuarios da mesma. Nela explicáronselles as normas, a colocación da biblioteca....
Estiveron moi atentos e todos gañaron a súa pegatina para a axenda.