Esta semana atopamos no andel de novidades un libro titulado:
"Los Bandídez".
(Narrativa, punto amarelo)
Siri Kolu (Kouvola, Finlandia, 1972).
Resumo:
Vilja vai de vacacións á casa da súa avoa cos seus pais e irmá. De súpeto, unha furgoneta lles corta o paso e a nosa protagonista é secuestrada. Os seus raptores son os Bandídez, unha familia de estrafalarios ladróns de chuches e chocolates, botín que prefiren aos cartos, cos que non saben moi ben que facer. Xunto a eles, pasará o verán máis emocionante da súa vida a bordo da bandidofurgona, durmindo ao aire libre e disfrutando de grandes comilonas de doces. E tamén descubrirá outro tipo de familia e outra forma de vivir, nada convencional, pero chea de risas e moito amor.
Non esperes máis. Embárcate cos Bandídez!
No hay comentarios:
Publicar un comentario