viernes, 7 de junio de 2019

8ª pregunta Tras as pistas por Europa

Hoxe é a última das actividades e a última pregunta do concurso.
A actividade consistiu en coñecer un pouquiño a cultura croata a través dos seus xoguetes tradicionais.
Para iso fixéronse na biblioteca uns chifros de madeira.




A pregunta do concurso é a seguinte:
Cal é a capital de Croacia?

Ata o xoves 13 de xuño pódese contestar.

miércoles, 5 de junio de 2019

Quedada literaria

Como cursos anteriores puxémonos en contacto co CEIPP de Sigüeiro para facer conxunta a quedada literaria. Estaba preparada para todos os niveis do noso colexio, mais o tempo non nos acompañou nas datas fixadas e soamente puideron facela o alumnado de primeiro, segundo e terceiro de primaria.




jueves, 16 de mayo de 2019

Letras galegas


Este ano o homenaxeado nas letras galegas é Antonio Fraguas. O centro ten unha exposición na entrada sobre oficios, traxe galego e vida do autor e investigador galego.
Ademais fíxose un xogo chamado Paso a palabra no que o alumnado tiña que buscar información nos libros e na propia exposición para poder responder logo ás preguntas do rosco.

lunes, 13 de mayo de 2019

Visita de Iago López

O día 8 visitou o noso centro o escritor Iago López. Estivemos con el nunha actividade de animación á lectura do seu libro O cociñeiro Martiño e as cenoiras desaparecidas.

Acudiron á cita o alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria.






7ª pregunta Tras as pistas por Europa

O venres 10 de maio tivemos unha actividade na biblioteca e se fixo a pregunta para o concurso do proxecto Europa.
A actividade tivo relación co libro A que sabe a lúa? onde as nenas asistentes viron e escoitaron a historia e posteriormente fixeron unhas caroutas dos animais que saíran no conto.




A pregunta ao concurso é a seguinte:
Cal é a nacionalidade do autor do libro A que sabe a Lúa?
Ata o 16 de maio pódese contestar.

viernes, 26 de abril de 2019

6ª pregunta Tras as pistas por Europa

Despois de escoitar algúns fragmentos de Harry Potter, saber que é necesario para ser aprendiz de mago e como obtivo el a súa variña, todos os participantes na actividade levaron cadansúa variña e algúns feitizos para poder facer.


A 6ª pregunta do concurso é a seguinte:
Como se chama a amiga de Harry Potter, que coñeceu xunto a Ron cando se dirixía por primeira vez a Hogwarts?

Tedes ata o 3 de maio para contestar.

Día do libro

En conmemoración do día do libro fixemos varias actividades promovidas dende a biblioteca.
O 23 de abril Léctor agasallou a todo o colexio con marcapáxinas
Ademais visitounos Celtia para traballar con ela o libro Cantamos
Actividade dirixida á rapazada dende infantil ata 2° de primaria







 E como colofón final e utilizando esta actividade tamén no concurso do proxecto que estamos levando a cabo, falamos de Harry Potter e cada participante levouse unha variña máxica. 



viernes, 5 de abril de 2019

5ª pregunta Tras as pistas por Europa

A 5ª pregunta do concurso, despois de visionar un capítulo dos Pitufos e coñecer que son uns personaxes belgas é a seguinte:

Quen é o creador dos Pitufos?

Tedes ata o venres 12 de abril para contestar.

viernes, 15 de marzo de 2019

4ª pregunta Tras as pistas por Europa

Fixemos a técnica do surrealismo chamada "Cadáver exquisito".





A 4ª pregunta é a seguinte:

De que país é orixinario o movemento surrealista?

Tedes ata o venres 22 de marzo para contestar.

Animádevos a participar!

viernes, 8 de marzo de 2019

Día da muller

En conmemoración do día da muller, dende a biblioteca, fíxose unha selección de obras onde se falan de personaxes femininas influíntes no mundo.

Estará presente na biblio toda a semana que vén.

viernes, 22 de febrero de 2019

3ª pregunta Tras as pistas por Europa

A terceira pregunta do concurso é a seguinte:

Cal é o autor do "Parruliño feo?






Tedes ata o venres que vén, 1 de marzo para contestar.
Animádevos a participar!!! 

viernes, 8 de febrero de 2019

2ª pregunta Tras as pistas por Europa

A segunda pregunta do concurso é a seguinte:

Cal é a ensinanza da fábula "O león, a raposa e o cervo" de Esopo?


Tedes ata o venres que vén, 15 de febreiro, para contestar.

As papeletas e o sitio onde botalas están no taboleiro de biblioteca.
Animádevos a participar!!!

viernes, 1 de febrero de 2019

Día da Paz

O 30 de xaneiro conmemórase o día da paz. No colexio fixemos varias actividades  dende a recollida de alimentos e productos de aseo e limpeza ata decorar entre todos un mandala xigante.



Ademais dende a biblioteca repartimos a paz por Europa, é dicir, colocamos en diferentes idiomas europeos a palabra paz.