viernes, 25 de enero de 2019

1ª pregunta Tras as pistas por Europa


A primeira pregunta do concurso é a seguinte:

En que país naceu a autora de Pippi Calzaslargas, Astrid Lindgren?




Tedes ata o venres que vén, 1 de febreiro, para contestar.
As papeletas e o sitio onde botalas están no taboleiro de biblioteca.
Animádevos a participar!!!

jueves, 24 de enero de 2019

1ª Actividade: Pippi

Mañá da comezo o noso concurso: TRAS AS PISTAS POR EUROPA

A actividade está enfocada en coñecer a Pippi Mediaslongas.



viernes, 18 de enero de 2019

Tras as pistas por Europa

O venres 25 de xaneiro comezan as actividades relacionadas co concurso: Tras as pistas por Europa, onde a rapazada de Educación Primaria debe contestar unha serie de cuestións sobre escritores, libros, países... europeos. A persoa que consiga ao final do curso máis respostas correctas será o vencedor. Hai tres categorías:
1. 1º e 2º de primaria
2. 3º e 4º de primaria
3. 5º e 6º de primaria

viernes, 11 de enero de 2019

VIRUS!

Hoxe no recreo aprendimos a xogar ao novo xogo da biblioteca: VIRUS!

Tiñamos que conseguir un organismo completo san e intentar enfermar aos dos outros xogadores. Foi moi divertido!!! O campión da partida resultou ser Rafael, de 4º de primaria.





Anímovos a todas e todos a xogar nos recreos a este divertido xogo.

Se non acudiches á presentación, déixovos un vídeo cunha breve explicación.

lunes, 10 de diciembre de 2018

Relatos e debuxos gañadores

Estes son os relatos e debuxos gañadores do concurso realizado no Samaín.

Que medo!

 
terror

viernes, 30 de noviembre de 2018

Acaba novembro con ciencia en galego

E chegou o día: hoxe foi o día de mostrar os experimentos que cada un preparou.
Houbo unha gran cantidade de público. Foi todo un éxito.

jueves, 15 de noviembre de 2018

Experimentos na biblioteca

Co motivo de que en novembro se festexa o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, ademais dunha exposición de libros de ciencia en galego, teremos unha sesión de experimentos científicos. Temos un cartel expectacular:
Son todas e todos uns grans científicos galegos os que temos no noso colexio. Ademais dos do cartel, sumouse Pedro cun proxecto da electricidade producida pola auga.